Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / A falta de apoios leva á suspensión do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

O EVENTO CELEBRABA ESTE ANO A SúA V EDICIóN

A falta de apoios leva á suspensión do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

FOLK | novembro 25, 2010

imaxe non dispoñible

A V Edición do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional, que estaba prevista para os días 3, 4 e 5 en Compostela, non se celebrará este ano. A Asociación de Gaiteiros Galegos denuncia hoxe no seu web que a falta de apoios da Xunta, logo de diferentes xuntanzas, lles fai imposible continuar a celebración deste evento. A Asociación salienta a importancia que acadara este evento desde a súa celebración e a grande participación en cada unha das edicións celebradas.