Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Conservatorio de Música Tradicional de Vigo pasará a ser Escola

CONSERVAR O CONSERVATORIO

O Conservatorio de Música Tradicional de Vigo pasará a ser Escola

FOLK | outubro 10, 2007

imaxe non dispoñible

A Concellaría de Educación de Vigo informa de que teñen a intención de converter o Conservatorio de Música Tradicional nunha Escola que se integre na Escola Municipal de Música. Novas dependencias e a estabilidade laboral dos ensinantes, “facendo fixos ou interinos a toda a xente posible” son as novas propostas para o centro, segundo asegura a titular do departamento, Laura López Atrio, que engadiu que o novo espazo terá "mellores condicións" e “unha orientación educativa avanzada".

Máis información no noso tema sobre os problemas dos conservatorios de música tradicional