Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Ponse en marcha E-Trad, a Escola de Música Tradicional de Vigo

O CENTRO OFERTA FORMACIóN PARA AFECCIONADOS E PROFESIONAIS

Ponse en marcha E-Trad, a Escola de Música Tradicional de Vigo

FOLK | xuño 27, 2008

imaxe non dispoñible

Finalmente o curso quedou en branco. A paralización do traballo da Aula de Música Tradicional de Vigo pola súa transformación na nova E-Trad (Escola de Música Tradicional) deixou sen aulas os matriculados do curso 2007-2008. Agora preséntanse os horarios, prazos de matrícula e programas que estarán vixentes no novo centro a partir do vindeiro mes de outubro.

A escola arrinca, como estaba anunciado, cun itinerario básico de 176 horas de formación durante dous anos, e outro profesional de 512 horas repartidas en tres cursos. Como especialidades poderá estudarse canto popular, violín folk, gaita, percusión, zanfona, requinta, harpa céltica, corda pulsada e acordeón diatónico.

As persoas que xa tiñan feita a súa matrícula para o curso que acaba manterán a reserva de praza para o 2008-2009, sempre que confirmen o seu interese antes do día trinta deste mes.