Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Aínda non comezaron as clases de oito materias da Escola de Artes e Oficios de Vigo

AGARDA DE OFICIO

Aínda non comezaron as clases de oito materias da Escola de Artes e Oficios de Vigo

FOLK | decembro 14, 2007

imaxe non dispoñible

O proceso de regularización dos profesores da Escola de Artes e Oficios de Vigo, que afectaba en boa medida ao Conservatorio de Música Tradicional, segue sen se resolver. Oito materias, entre elas algunhas coma zanfona ou requinta seguen sen iniciar a súa actividade, segundo a concelleira de Educación, “pola lentitude do proceso” de contratación. Boa parte dos alumnos, mentres, continúan con mobilizacións e protestas e temen que a solución que achegou o concello converta a escola nun conservatorio de elite.

Máis información en La Voz de Galicia; as crises dos conservatorios de música tradicional nos nosos arquivos