Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os profesores de Música Tradicional analizarán a presenza desta materia no ensino
Os profesores de Música Tradicional analizarán a presenza desta materia no ensino
outubro 28, 2008
A presenza da música tradicional no ensino obrigatorio é un dos eixes do III Congreso de Ensinantes de Música Tradicional, que comeza o vindeiro venres 31 de outubro no Auditorio de Galicia. Segundo explicaba esta mañá na presentación do evento Olimpio Xiráldez, da Asociación de Gaiteiros Galegos "esta materia non se toca no esnino regrado, é unha eiva grande". Canda a esta cuestión, o evento analizará a presenza da nosa tradición sonora nos conservatorios e iniciativas coma as escolas de música tradicional. Segundo adiantou a Asociación de Gaiteiros, que organiza o congreso, hai apuntadas ao mesmo 280 persoas e unha lista de agarda que supera tamén os 200 interesados. A respecto de anteriores edicións, incrementouse o número de obradoiros para ensinantes, que teñen un grande éxito segundo os organizadores.