Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Capitán Furilo repite co formato de cea-baile para a presentación do novo disco “Rock”
Capitán Furilo repite co formato de cea-baile para a presentación do novo disco “Rock”
novembro 6, 2009
Pasan do Pop? (2008) ao Rock(Capitan Furilo - Falcon Records, 2009) pero manteñen o formato da cea-baile para a presentación en sociedade dos seus traballos. O grupo de Ponteareas Capitán Furilo presenta este sábado o seu novo traballo ás 22 horas no Restaurante Cuevas, na parroquia de Bugarín, nun evento que reúne a gastronomía coa animación musical, a cea e a queimada serán complementadas cun concerto ao que seguirá unha sesión dj. O disco Rock foi gravado nos estudios Élite de Vigo baixo a produción de Tino Álvarez ( A-rritmic), e nel a banda ofrece once novos temas cargados da enerxía que ofrecen nos directos. É o primeiro disco “longo” do grupo despois da súa inicial maqueta Non hai problema (2007) e do mini CD Pop (2008).