Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Os coruñeses IX Voltios presentan o seu primeiro disco

DEZ TEMAS ORIXINAIS CONFORMAN O PRIMEIRO TRABALLO DA BANDA TRAS CINCO ANOS DE ANDADURA

Os coruñeses IX Voltios presentan o seu primeiro disco

ROCK | xaneiro 23, 2019

IX_Voltios.jpg

O Bâbâ Bar da Coruña acollía o día 19 o concerto de presentación do primeiro disco da banda coruñesa IX Voltios. O disco, homónimo do grupo e autoeditado, presenta 10 temas orixinais, cantados en castelán, gravados nos Estudios Bruar da cidade herculina. Rock e pop-rock de boa factura e potencia eléctrica son a carta de presentación destes catro músicos que antes compartiron outros proxectos como Superglú, Pachamama, Appratto, ou tamén como parte das bandas acompañantes de artistas como Ses ou Carmen Rey. Crear repertorio propio foi a prioridade desta banda que comezou como trío fai cinco anos. Ruben Appratto, Miguel Porto, Carlos Filgueiras e Christian Tomé son os asinantes deste álbum que xa está dispoñible en plataformas dixitais. La ausencia del sol é o primeiro dos temas do disco que veñen de sacar en formato de videoclip.

datos do disco