Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / I Puritani dálle inicio ao LVII Festival de Ópera da Coruña

O PROGRAMA INCLúE UNHA HOMENAXE A ALFREDO KRAUS

I Puritani dálle inicio ao LVII Festival de Ópera da Coruña

CLáSICA/LíRICA | agosto 28, 2009

imaxe non dispoñible

Os Amigos da Ópera dan comezo mañá o LVII Festival de Ópera da Coruña. I Puritani, con Alfonso Romero coma director de escena e Marcello Panni no apartado musical, é a obra que inicia esta edición. A esta ópera seguirán as montaxes de Turandot e Partenope, unha homenaxe a Alfredo Kraus o vindeiro dez de setembro, o IV Recital de Novas Voces Galegas ou a Gala Lírica, entre outras actividades. Os interesados, poden asistir, ás oito desta tarde, a un encontro cos directores de I Puritani na Biblioteca da Deputación, onde poderán coñecer detalles da montaxe.