Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Real Filharmonía celebra o oitenta aniversario de Rogelio Groba cun concerto

COA ACTUACIóN DA FORMACIóN PéCHASE A 52 EDICIóN DO CURSO MúSICA EN COMPOSTELA

A Real Filharmonía celebra o oitenta aniversario de Rogelio Groba cun concerto

CLáSICA/LíRICA | agosto 4, 2009

imaxe non dispoñible

Os compositores Joaquín Rodrigo, García Abril ou Rogelio Groba comparten o feito de que asistiron a algunha edición do curso Música en Compostela, o programa de formación musical que se celebra desde hai máis de medio século en Santiago. Non é de estrañar que a Real Filharmonía de Galicia aproveite as súas partituras para pechar esta semana a 52 edición deste encontro. A formación ofrecerá dous concertos (martes e xoves, ás 21:00 horas, con entrada libre) que ademais de executar repertorio galego, celebrará que o compositor galego Rogelio Groba cumpre 80 anos.