Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Compostela acolle a IV Xornadas de Música Contemporánea

O PROGRAMA INCLúE 19 CONCERTOS ENTRE O 10 E O 29 DE OUTUBRO

Compostela acolle a IV Xornadas de Música Contemporánea

CLáSICA/LíRICA | outubro 9, 2015

imaxe non dispoñible

Dezanove concertos compoñen o programa da IV Xornadas de Música Contemporánea que se celebran en Compostela entre o 10 e o 29 de outubro vindeiros. Obras de compositores galegos como Rogelio Groba, Pablo Seoane, Manuel Rodeiro e Jesús González terán unha especial presenza no programa, que conta con formacións como a Orquestra de Cámara Galega, Grupo Instrumental Siglo XX, o dúo galego-portugués KONTAKTEduo, os estremeños Sonido Extremo ou a Real Filharmonía, que estará acomañada de Julián Hernández, de Siniestro Total, entre outras. O programa inclúe tamén o ciclo didáctico AdesTempo, que quere achegar aos máis novos as últimas creacións neste ámbito, mentre a sección OFF Contemporánea amosará as propostas máis orixinais do ciclo.