Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / A vangarda musical soará en Compostela grazas a un ciclo

DESENVOLVERASE DO 13 AO 23 EN DIFERENTES ESPAZOS DA CIDADE

A vangarda musical soará en Compostela grazas a un ciclo

MISCELáNEA | outubro 17, 2012

imaxe non dispoñible

O aniversario do nacemento de John Cage, pioneiro da música aleatoria, da música electrónica e do uso non estándar de instrumentos musicais,marca o programa das Xornadas de Música Contemporánea. Unha cita que se desenvolverá en Santiago do 13 ao 23 e na que diferentes formacións preocupadas pola divulgación da música contemporánea interpretará obras de autores que van de Maurice Ravel, Bela Bartok ata Philip Galass ou Inannis Xenakis.

Esta proposta insírese na liña dunha colaboración cando a finais dos anos oitenta se puxeron en marcha as I Xornadas de Música Contemporánea. Un traballo que logo se continuou no Centro Galego de Arte Contemporánea cunha segunda edición e que agora se continúa co concello de Santiago e o CGAC como organizadoras e suma un feixe de entidades colaboradoras como o Consorcio de Santiago, o Consorcio para Promoción da Música de A Coruña, a Cidade de Cultura, a Xunta de Galicia, o Conservatorio Profesional de Música de Santiago, o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo ou o Centro Nacional de Difusión Musical.