Wöyza presenta o seu primeiro disco editado en vinilo
marzo 3, 2009
Wöyza, artista de HipHop, Soul e R&B, (Moaña 1984) de raíces uruguaias e crecida en Vigo acaba de sacar á luz, baixo as producións de El Puto Coke, o seu agardado primeiro disco Pisando el suelo que ves, onde amosa a través de trece temas, un deles en galego, a capacidade do seu rexistro, harmonía de voces e estruturas diferentes. Cun concerto no Festival Intercultural do campus de Ourense o día 11, e xa o día 14 ante o seu público vigués na Sala A!, Wöyza presentan en directo este disco que en formato vinilo xa pode mercarse a través de Licor Kafé e en formato dixital está dispoñible desde outubro na súa propia web na que calquera usuario pode descargarse de balde o álbum. Con claras influenzas soul eo disco conta en dous temas coas colaboracións de Kesia e Dani Reus, candidato ao Grammy en dous ocasións no apartado de Gospel.
Tamén che pode interesar:
- 11/ 10/ 2016 | Wöyza leva a súa Pelea aos escenarios
- 16/ 10/ 2012 | Telephones Rouges lanzan o seu primeiro disco
- 3/ 5/ 2012 | Burgas Beat retorna con Todo lo que vamos dejando atrás
- 16/ 3/ 2012 | Unicornibot lanza disco e inicia xira de presentación
- 26/ 3/ 2009 | Drum Drama pon no mercado o seu primeiro disco Acero orgánico