Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Drum Drama pon no mercado o seu primeiro disco Acero orgánico

A FORMACIóN VIGUESA BASCULA ENTRE A REALIDADE E A IMAXINACIóN NOS SEUS TEMAS

Drum Drama pon no mercado o seu primeiro disco Acero orgánico

HIP-HOP | marzo 26, 2009

not_14376.jpg

Tras dez anos de autoedición e directo, DrumDrama, formación viguesa composta por Drama (Mc antes coñecido como Jazztastilo) e El Malvado Sam (produtor), presentou a finais do pasado ano o seu primeiro álbum editado de forma totalmente profesional, Acero orgánico. Gravado e mesturado en por “Trabajos Para Un Mundo Perfecto” e editado por Renegade Prods, selo do francés afincado en Galicia Alain Mani, “Albendy”. Drum Drama ofrecen nestes vinte temas un disco maduro e fresco, no que encontraremos a colaboración do mellor do Hip-Hop en Galicia. Produtores como Jal-Beats ou Karmasound, o rap de Rack Eterno, El Seis ou El Pillo Astuto entre outros, Wöyza, Jose ou Emeson e as mans de Dj Kaze ou o propio Karma constrúen tema a tema, xunto con Drama e El Malvado Sam, un disco con diferentes climas, que tende pontes entre a realidade e a fantasía.

VIDEO | Presentación de Acero orgánico

Tamén che pode interesar:

datos do disco