Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Telephones Rouges lanzan o seu primeiro disco

DISENSO ESTá DISPOñIBLE EN BANDCAMP E SAE á VENDA O 5 DE NOVEMBRO

Telephones Rouges lanzan o seu primeiro disco

ROCK | outubro 16, 2012

disenso_telephones_rouges.jpg

Xa se pode escoitar íntegro Disenso o primeiro disco da banda Telephones Rouges, en Bandcamp. Once temas de rock escuro con fortes toques de punk que manteñen o estilo cheo de enerxía que xa deron a coñecer nos seus directos e mais en colectáneas como Galician Bizarre. O disco sairá a venda en formato vinilo o vindeiro 5 de novembro da man de Mama Vynila Records e Matapadre, e estará dispoñible para libre descarga a partir da mesma data. O grupo gravou este traballo nos estudios A Ponte, e mesturouno en Círculo Polar Estudio.

MULTIMEDIA
Disenso en Bandcamp
datos do disco