Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A música protagoniza o seu día con numerosos concertos de música pop e tradicional
A música protagoniza o seu día con numerosos concertos de música pop e tradicional
xuño 20, 2008
Este sábado 21 é o día internacional da música, co que a axenda para esta fin de semana está anegada de concertos. Pero baixo esta etiqueta destacan principalmente tres citas: o concerto no Multiusos do Sar cun programa especialmente galego (Som do galpom, Fanny e Alexandrer, Iván Ferreiro e Deluxe), a xornada no Museo do Pobo na que Mini e Mero farán un percorrido pola música tradicional e máis o encontro que Xoel López (Deluxe) manterá co público ás 13:00 horas do sábado, acompañado do humorista Joaquín Reyes na sede da SGAE.
Tamén che pode interesar:
- 22/ 5/ 2015 | Vertixe Sonora Ensemble protagoniza o III ciclo Do Audible
- 10/ 10/ 2007 | O Conservatorio de Música Tradicional de Vigo pasará a ser Escola
- 21/ 10/ 2003 | A Universidade de Santiago e o Conservatorio de Música Folque de Lalín organizan o primeiro curso de posgrao de Música Tradicional
- 20/ 6/ 2003 | Seis institucións promoven en Santiago a celebración do Día Europeo da Música
- 4/ 6/ 2001 | O cuarto traballo de Mutenrohi quere ofrecer unha música para gozar bailando