Vertixe Sonora Ensemble protagoniza o III ciclo Do Audible
maio 22, 2015
A Fundación Luis Seoane acolle o vindeiro martes 26 a primeira sesión de concertos do ciclo Do Audible. O libro As cidades invisibles de Italo Calvino protagoniza o comezo da terceira xeira deste programa, que mestura música, literatura, ciencia e pensamento. Como é habitual, a formación Vertixe Sonora Ensemble protagoniza os recitais, que continuarán pola Casa do Saber de Lugo (30 de maio), o Café Moderno de Pontevedra (20 de outubro) e mais o Museo Ramón María Aller, en Lalín (25 de novembro).
A formación estará acompañada nas diferentes sesións dos divulgadores e investigadores Fernando Palacios, Federico López Silvestre, Ana Ulla Miguel e Javier Turnes, que dialogarán cos compositores Alberto Bernal, Joan Bagés i Rubí e Miguel Ángel Tolosa.
Tamén che pode interesar:
- 23/ 10/ 2024 | As Xornadas de Música Contemporánea amplían a súa aposta en Compostela
- 20/ 9/ 2018 | Vigo, Pontevedra e Cangas acollen o VI Festival Vertixe Sonora
- 22/ 5/ 2018 | A VI edición do ciclo Do Audible achegará concertos a catro vilas
- 12/ 9/ 2014 | Compostela acolle as III Xornadas de Música Contemporánea
- 13/ 6/ 2014 | A música, a ciencia, a arte e o pensamento encóntranse no ciclo Do audible