Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xosé Constenla presenta o seu segundo disco con temas unidos por un sentimento de entusiasmo
Xosé Constenla presenta o seu segundo disco con temas unidos por un sentimento de entusiasmo
maio 14, 2008
"Olladas dun entusiasta" (Setestrelo Editora) constitúe o segundo traballo discográfico do cantautor compostelán Xosé Constenla, despois de “Quen fixo berrar ao silencio” (autoedita, 2005). Este álbum de 13 composicións propias é unha produción do propio Xosé Constenla en colaboración con Ramón Feáns (arranxos e dirección musical) para o selo de nova creación Setestrelo Editora. Gravado e misturado nos estudios PINK de O Milladoiro (Ames) conta con moitas colaboracións, entre as que destaca a presenza do cantautor madrileño Javier Bergia. Ramón Feáns (guitarras, bouzouki, baixo e programacións), Paulo Gacio(frauta traveseira e saxo soprano), Paco Nogueiras (acordeón) e Javier Rodríguez (teclados) foron os músicos que gravaron os distintos instrumentos que aparecen no traballo. O artista presentará o seu traballo este xoves no Pub Tarasca de Santiago e a distribución do disco correrá da man de Lonxa Cultural.
Tamén che pode interesar:
- 1/ 2/ 2018 | Ith presentan o seu segundo disco 'O mínimo que o contén todo'
- 22/ 2/ 2016 | Xosé Constenla fai unha Virada por avante
- 9/ 6/ 2015 | Roberto Sobrado presenta Atlas de Anatomía
- 7/ 1/ 2014 | O público financia La luz de los gigantes de César de Centi
- 9/ 8/ 2013 | Bicos, abrasos e apalpasos é o debut de Ludovaina