Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xosé Constenla presenta o seu segundo disco con temas unidos por un sentimento de entusiasmo

MúSICA ENTUSIASTA

Xosé Constenla presenta o seu segundo disco con temas unidos por un sentimento de entusiasmo

CANTAUTOR | maio 14, 2008

not_12138.jpg

"Olladas dun entusiasta" (Setestrelo Editora) constitúe o segundo traballo discográfico do cantautor compostelán Xosé Constenla, despois de “Quen fixo berrar ao silencio” (autoedita, 2005). Este álbum de 13 composicións propias é unha produción do propio Xosé Constenla en colaboración con Ramón Feáns (arranxos e dirección musical) para o selo de nova creación Setestrelo Editora. Gravado e misturado nos estudios PINK de O Milladoiro (Ames) conta con moitas colaboracións, entre as que destaca a presenza do cantautor madrileño Javier Bergia. Ramón Feáns (guitarras, bouzouki, baixo e programacións), Paulo Gacio(frauta traveseira e saxo soprano), Paco Nogueiras (acordeón) e Javier Rodríguez (teclados) foron os músicos que gravaron os distintos instrumentos que aparecen no traballo. O artista presentará o seu traballo este xoves no Pub Tarasca de Santiago e a distribución do disco correrá da man de Lonxa Cultural.

datos do disco