Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Concello de Vigo presenta o proxecto da nova Escola de Música Tradicional
O Concello de Vigo presenta o proxecto da nova Escola de Música Tradicional
marzo 3, 2008
A concelleira de Educación de Vigo, Laura López presentaba o pasado xoves o proxecto da E-Trad, a nova Escola de Música Tradicional e Folk que se vai pór en marcha nesta cidade. O centro, que dirixirá Rodrigo Romaní, achegará dous itinerarios formativos (afeccionado e profesional) e contará con oito profesores, dous máis dos que ata o de agora participaban na aula de música tradicional. A maiores, incrementarase tamén en dous o número de especialidades, que pasan a nove, a cantidade de horas lectivas, (sesenta e cinco máis, ata sumar 200) e o orzamento, que ascenderá a 221.000 euros.
Tamén che pode interesar:
- 3/ 7/ 2008 | A Asociación de Gaiteiros Galegos xestionará a escola de música tradicional de Lugo
- 27/ 6/ 2008 | Ponse en marcha E-Trad, a Escola de Música Tradicional de Vigo
- 14/ 12/ 2007 | Aínda non comezaron as clases de oito materias da Escola de Artes e Oficios de Vigo
- 2/ 11/ 2007 | A Fundación Sondeseu dirixira a escola municipal de música tradicional de Vigo
- 22/ 10/ 2007 | O Concello de Ames quere o Conservatorio Folque de Lalín