Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os Premios da Música contan con nove galegos que acaparan dez candidaturas
Os Premios da Música contan con nove galegos que acaparan dez candidaturas
febreiro 14, 2008
Baldo Martínez, Carlos Jean, Deluxe, Luar Na Lubre, Luz, Carlos Núñez, Mercedes Peón, Triángulo de Amor Bizarro e Xosé Manuel Budiño son os finalistas galegos na XII edición dos Premios da Música. Luar na Lubre acumula dúas candidaturas, a mellor álbum tradicional e a mellor canción en galego, onde compite con Mercedes Peón, Budiño e Deluxe. O proxecto de Xoel López opta tamén a mellor álbum pop, mentres Baldo Martínez aspira a ser o mellor disco de jazz, Luz a mellor canción e Triángulo de Amor Bizarro pode ter o mellor álbum de rock alternativo. Pola súa banda, o ferrolán Carlos Jean participa dunha candidatura a mellor produtor artístico pola súa participación no álbum “Papito” de Miguel Bosé. Carlos Núñez opta a mellor disco de fusión por "Cinema do mar".
Tamén che pode interesar:
- 1/ 3/ 2021 | Zumaque e mais Xosé Lois Romero e Aliboria acaparan candidaturas nos XX Premios Opinión
- 30/ 3/ 2016 | Xoel López suma cinco candidaturas nos premios de música independente
- 17/ 4/ 2013 | Nacen os Premios Galegos da Música
- 25/ 2/ 2005 | As candidaturas a mellor álbum, produtor artístico, arranxista e mellor canción en galego representan a Galicia nos Premios da Música