Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Falece Carlos Asorey, propietario do Club de Jazz Dado Dadá de Santiago

LOITO NO JAZZ

Falece Carlos Asorey, propietario do Club de Jazz Dado Dadá de Santiago

JAZZ/BLUES | outubro 24, 2007

imaxe non dispoñible

Despois dunha longa enfermidade onte faleceu en Santiago Carlos Asorey, propietario do club de jazz Dado Dadá, un dos locais de jazz máis antigos de Galicia e en funcionamento. Hoxe despídense deste home moi querido moitos músicos, magos e actores que pasaron polo escenario deste mítico local que rexentaba coa súa muller Carmen Eixo. Fai dous anos o club celebraba o seu 25 aniversario xa que o 16 de Febreiro de 1.980 abría as súas portas o Jazz Club Dado Dadá na Rúa de Alfredo Brañas de Santiago. Dende aquela pasaron máis de 9.000 noites de jazz, flamenco, canción de autor, pop, rock, teatro, humor, maxia e tertulia animadas e organizadas por Asorey e a súa dona. Neste tempo polo seu escenario pasaron algunhas das figuras máis interesantes do panorama cultural nacional e internacional e moitos músicos célebres que pasaron pola capital visitaron o local e mesmo participaron con concertos improvisados e jam-sessions.

Máis información en El Correo Gallego e o noso Tema do día sobre 25 Aniversario do Dado Dadá