Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Elodio y los Seres Queridos sacarán o seu primeiro disco en decembro cunha discográfica zaragozana
Elodio y los Seres Queridos sacarán o seu primeiro disco en decembro cunha discográfica zaragozana
outubro 22, 2007
Aínda que os temas do disco “Esto que tienes delante” levan meses escoitándose por Internet e mesmo nas radios, o traballo dos vigueses ainda non tiña data de edición no soporte discográfico habitual do momento, ata agora. Este sábado o grupo formado por Eladio Santos, Óscar Durán, Manuel Santamaría e Marcos Vázquez fixo público a través da rede que o día 10 de decembro sairá á rúa “Esto que tienes delante” editado polo selo zaragozano “Grabaciones en el mar”, que tamén ten editados grupos como El Niño Gusano ou La Habitación Roja, entre outros. O líder do grupo, Eladio Santos, ten tras de si unha importante traxectoria en formacións como Foggie Mental Breakdown, Los tres Sudamaricones e Tony Lomba & Elio dos Santos.
Tamén che pode interesar:
- 2/ 12/ 2016 | Eladio y Los Seres Queridos homenaxean á musica tradicional en Cantares
- 16/ 10/ 2014 | Eladio y los seres queridos chaman á orde
- 21/ 5/ 2012 | Músicos galegos únense nunha homenaxe a Magín Blanco
- 19/ 6/ 2009 | Ourense e Compostela celebran con actuacións o Día da Música
- 10/ 10/ 2008 | O Mc vigués Pániko sae a tomar as rúas co seu primeiro disco en solitario