Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O selo PAI-Música editará o novo traballo discográfico de Lamatumbá

LAMATUMBá CAMBIAN DE CASA

O selo PAI-Música editará o novo traballo discográfico de Lamatumbá

MISCELáNEA | outubro 11, 2007

not_10806.jpg

O grupo ourensán Lamatumbá ven de preparar a post-produción do seu próximo traballo discográfico nos estudios Casa de Tolos de Gondomar segundo ven de informar nun comunicado a discográfica PAI-Música. Lamatumbá ficha con este novo traballo por PAI- Música despois de que o anterior “Lume (para que saia o sol)!” o editara con Falcatruada no 2005 e que no 2001, da man do selo Xingra sacara “Pachangüilanuí”, o seu primeiro disco. O grupo entrará nos estudios de Gondomar para empezar a gravar os novos temas a partir do 5 de novembro. Lamatumbá vendeu máis de tres milleiros de copias do seu anterior traballo e recentemente formou parte da embaixada musical española no PopKomm.



Máis información sobre Lamatumbá nos nosos arquivos