Lamatumbá saca o disco “Paraugas universal”
abril 18, 2008
Desde hoxe xa está nas tendas “Paraugas universal” (PAI – Música) o novo disco da multitudinaria banda Lamatumbá. Esta saída marca discográficamente a nova etapa do grupo despois dos cambios na formación e polo cambio de editora, malia que os actuais integrantes xa levan un ano subindo aos escenarios e mesmo formaron parte da embaixada musical galega na feira Popkomm de Berlín no pasado ano. Se con “Lume!” (Falcatruada, 2005) chegaron a vender máis de tres milleiros de discos con “Paraugas universal” a festeira banda agarda repetir o éxito. O disco, que inclúe un DVD con cinco pezas audiovisuais entre as que hai videoclips e outros documentos, conta con colaboracións de luxo como as de Guadi Galego, Paulo Borges ou Uxía Senlle. Lamatumbá están negociando xa futuras actuacións en escenarios tan importantes como a Expo de Zaragoza, o Festival de Ortigueira, o Parque de Castrelos de Vigo ou o San Froilán de Lugo. Quince temas propios co habitual son de Lamatumbá conforman o disco gravado e mesturado por Segundo Grandío en Casa de Tolos.
Tamén che pode interesar:
- 22/ 5/ 2008 | Lamatumbá presenta cun concerto na rúa o seu último disco
- 22/ 5/ 2008 | Lamatumbá presenta cun concerto na rúa o seu último disco
- 11/ 10/ 2007 | O selo PAI-Música editará o novo traballo discográfico de Lamatumbá
- 17/ 2/ 2006 | Lamatumbá presenta a reedición de "Lume" despois do seu éxito de vendas