Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Luar na Lubre presenta o seu novo disco e inicia xira na Coruña

CAMIñOS DA FIN DA TERRA

Luar na Lubre presenta o seu novo disco e inicia xira na Coruña

FOLK | outubro 8, 2007

not_10778.jpg

Con “Camiños da fin da terra”(Warner Music) a formación liderada por Bieito Romero acada o décimo disco da súa carreira musical. O álbum sairá a venda o vindeiro día 23 de outubro presentarse nas instalación da Fnac da Coruña ese mesmo día; contén catorce cancións inspiradas nas tradicións, lendas, paisaxes e personaxes que conforman a identidade galega e a súa ascendencia celta. Luar na Lubre dará o seu primeiro concerto oficial da xira de presentación de “Camiños da fin da terra” no Teatro Colón da Coruña o día 25 deste mes seguindo despois polo resto do Estado e en Alemaña. A banda folk xa adiantou o seu primeiro videoclip do disco, a canción “Os Animais”, unha popular melodía de orixe irlandesa cunha letra de inspiración bíblica adaptada neste caso polo poeta Xabier Cordal.

VIDEO | Os Animais
datos do disco