Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Luar na Lubre repasa nun novo álbum 30 anos de carreira

UNHA SELECCIóN PERSOAL E NOVAS VERSIóNS COMPOñEN O PROXECTO

Luar na Lubre repasa nun novo álbum 30 anos de carreira

FOLK | novembro 25, 2016

xxx_aniversario_luar_na_lubre.jpg

Para o vindeiro nove de decembro sae á rúa XXX aniversario, o álbum co que Luar na Lubre celebra tres décadas de traballo. Segundo anuncia o grupo, o disco recolle unha selección personal que quere "non caer no convencional, sen as cancións máis coñecidas e recoñecidas" e busca "a excelencia dos temas máis agochados do noso repertorio". Canda a elas, sorpresas na forma de revisións de temas como Morrison's jig, Dun tempo para sempre ou o Soldado desgraciado, ou unha transgresora reinterpretación do clásico Fonte do Araño de Emilio Cao. Tamén se poderá ouvir a versión que Mike Oldfield fixo de O Son do Ar. Entre os colaboradores deste novo proxecto, nomes como Ismael Serrano, Coral de "Ruada", Nani García, Victor Iglesias, Christian Delgado, Fernando Fraga ou Irene Cerqueiro.

datos do disco