Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O galego Edelmiro Fernández Parada vence na XXII edición do Trofeo Mac Grimmon de gaita, en Lorient
O galego Edelmiro Fernández Parada vence na XXII edición do Trofeo Mac Grimmon de gaita, en Lorient
agosto 7, 2007
Considerado o galardón de gaita máis prestixioso no mundo, o Trofeo Mac Grimmon chegaba este ano á súa XXII no marco do celebérrimo festival Intercéltico de Lorient, en Bretaña. E foi un galego, Edelmiro González, o que se fixo co premio por terceira vez, o que o converte o músico que máis veces o levou. Canda a el, outro galego, Alberto Coya, quedou no terceiro posto. Estes premios sitúan os dous intérpretes entre os mellores do mundo no seu instrumento.
Máis información en Galicia Hoxe e en Vieiros
Tamén che pode interesar:
- 10/ 4/ 2024 | Embaixada da musica galega en Lorient
- 17/ 4/ 2015 | O Festival de Lorient 2015 terá unha ampla presenza galega
- 16/ 7/ 2014 | Seis grupos representarán a Galicia no Festival de Lorient
- 11/ 4/ 2014 | Os d´abaixo debutan Ao vivo en Lorient
- 5/ 8/ 2013 | Unha nutrida delegación galega participa no Festival de Lorient