Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha nutrida delegación galega participa no Festival de Lorient

O ENCONTRO DESENVóLVESE ATA O 11 DE AGOSTO NESTA CIDADE BRETOA

Unha nutrida delegación galega participa no Festival de Lorient

FOLK | agosto 5, 2013

imaxe non dispoñible

Anxo Lorenzo, Edelmiro Fernández, Pablo Seoane Méndez, Taghaitai, Linho do Cuco, Asociación Cultural Traspés e a Banda de Gaitas de Forcarei marcan o desembarco galego do Festival Intercéltico de Lorient. Canda a eles, Tremuiños, Trécolas, Tromentelos ou Os D`abaixo actuarán no posto de 200 metros cadrados que leva a Xunta ao evento a través de Turismo de Galicia. Ismael García e Xesús Rodríguez participarán no Trofeo MacCrimmon pola súa banda, mentre Rodrigo Romaní caeu da delegación galega por mor dun accidente doméstico. O evento, que comezou o pasado venres día 2, desenvólvese na cidade bretoa ata o vindeiro 11 de agosto.