Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Convocada a segunda edición do certame de maquetas NovaXove Music dirixido a grupos noveis

II NXMUSIC

Convocada a segunda edición do certame de maquetas NovaXove Music dirixido a grupos noveis

MISCELáNEA | xullo 19, 2007

not_10364.jpg

Coa presenza e actuación do grupo Stereotipos, gañadores da primeira edición, deuse o disparo de saída da segunda edición do Certame NovaXove Music que está aberto ata o 23 de novembro. O concurso de maquetas convocado por Caixanova conseguiu na súa primeira edición unha participación de máis de cincuenta grupos que espera superar nesta segunda convocatoria. NxMusic ten como obxectivo dar a coñecer e promover a música de artistas e grupos descoñecidos en busca dunha oportunidade. Dentro das súas fases a primeira consiste en que as cancións, colocadas na páxina web de Nova Xove serán votadas polos internautas e tamén por un xurado de expertos musicais. As dúas notas xuntas conformarán a clasificación da que sairán os catro máis votados a un concerto no que o xurado decidirá ao gañador. O premio inclúe a gravación dun disco, xira de promoción e actuación nun festival nacional.


Máis información en NovaXove