Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os internautas escollerán os grupos noveis do Festival de Ortigueira

OS SELECCIONADOS ACTUARáN NO ESCENARIO RUNAS

Os internautas escollerán os grupos noveis do Festival de Ortigueira

FOLK | xuño 1, 2009

imaxe non dispoñible

As tres bandas máis votadas polos internautas serán as protagonistas do escenario Runas, destinado a grupos noveis, no vindeiro Festival de Ortigueira. Os interesados en actuar neste veterán evento teñen ata o vindeiro dez de xuño para remitirlle a organización 3 temas en MP3, dos que cando menos un ten que ser propio. Un comité da organización fará unha primeira selección de dez grupos aos que poderá votar entre o 15 e o 30 de xuño. Os tres seleccionados abrirán o festival o día nove de xullo e recibirán 1.000 euros cada un. É a primeira vez que se opta por este sistema para escoller os grupos deste escenario.