Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O primeiro disco de Indana Bichos sae hoxe á venda

O CUARTETO COMPOSTELáN GAñOU O CERTAME LAIOSA SOAS 2007 DE GRUPOS NOVEIS

O primeiro disco de Indana Bichos sae hoxe á venda

ROCK | setembro 1, 2008

not_12880.jpg

Desde hoxe xa se pode adquirir nas principais tendas de discos de Galicia, así como a nivel estatal en en Fnac, El Corte Inglés, Gong e Elkar o disco Bichos, primeiro traballo discográfico do grupo Indana. O disco é un traballo autoeditado con 10 temas e gravouse nos estudios Oceano de Vigo, con Javier Abreu aos mandos técnicos e nel o cuarteto santiagués plasma o seu peculiar son de rock alternativo con diversas influenzas. O disco, que distribúe a Lonxa Cultural, tamén se pode mercar a través do sitio web do grupo e aínda non se coñecen as datas de presentación en directo dos seu temas, cousa que se saberá nos vindeiros días. Indana foron os gañadores do certame Laiosa Soa 2007 de grupos noveis e no seu My Space poden escoitarse versións demo dos temas do seu disco así como vídeos das súas actuacións.

VIDEO | Jaque Mate
datos do disco