Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Preséntanse as novidades do concurso Constantino Bellón e o disco coas gravacións da edición do 2006
Preséntanse as novidades do concurso Constantino Bellón e o disco coas gravacións da edición do 2006
xullo 13, 2007
O presidente do Ateneo Ferrolán, Eliseo Zaera, e o organizador do certame de gaita Constantino Bellón, Víctor Gabeiras, presentaron as novidades da edición 2007 deste consolidado concurso de gaiteiros e o disco dobre que recolle as interpretacións do ano pasado. Un dos compactos leva a gravación en directo das catro pezas que gañaron o concurso de composición e o outro leva as interpretacións do concurso de solistas gañado por Daniel Bellón. O disco ten unha tiraxe de un milleiro de exemplares que se poñerán á venda e se distribuirán por ateneos e centros galegos no exterior. A décimo sétima edición do certame trae como novidade un aumento importante dos premios en metálico grazas ao apoio conseguido por parte da Consellaría de Cultura, a deputación da Coruña e o Concello de Ferrol.
Máis información no Diario de Ferrol
e sobre as bases do XVII Concurso Constantino Bellón
Tamén che pode interesar:
- 2/ 9/ 2013 | Pablo Devigo recunca no premio Constantino Bellón
- 28/ 8/ 2013 | Pablo Carpinteiro recibe a Gaita de Ouro do Constantino Bellón
- 2/ 4/ 2013 | Volta a se convocar o concurso de gaita Constantino Bellón
- 21/ 2/ 2012 | Aerolíneas Federales recupera as súas gravacións “perdidas”
- 21/ 8/ 2008 | O programa da TVG “Alalá” recoñecido coa Gaita de Ouro “Constantino Bellón”