Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O compositor catalán Sebastiá Torrent gaña o premio Andres Gaos da Deputación da Coruña

PREMIO GAOS

O compositor catalán Sebastiá Torrent gaña o premio Andres Gaos da Deputación da Coruña

CLáSICA/LíRICA | xuño 8, 2007

imaxe non dispoñible

A sétima edición do premio de composición musical Andrés Gaos organizado pola Deputación da Coruña foi parar ao compositor catalán Antoni-Ernest Sebastiá Torrent pola obra “Angelus Novus”. A obra gañadora traza unha relación directa da música coa pintura de Paul Klee. O premio está dotado con 6.500 euros e a obra gañadora será interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia na temporada 2008-2009, segundo indicou Félixe Palomero, comisario do premio e xerente da OSG. O fallo do xurado tamén incluía unha mención á obra “Tentativi” de Manuel Martínez como finalista.

Máis información en El Ideal Gallego