O lapis do carpinteiro |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

O lapis do carpinteiro
1936. Daniel da Barca é un médico e intelectual socialista. A súa moza, Marisa, é filla dun home de negocios cercano ós fascistas e oponse á súa relación. Cando comeza a Guerra Civil, Daniel é detido polo garda Herbal e trasladado á cadea. Os presos, sempre vixiados polo sombrío Herbal, tratan de superar a angustia do encerro utilizando a imaxinación. Mentres, o pai de Marisa intenta que a filla case cun militar, pero ela négase a renunciar a Daniel e loita por liberalo. En prisión, os falanxistas comezan a fusilar presos clandestinamente. Pronto lle tocará a Daniel. E entón estará en mans de Herbal, o centinela que se debate entre a violencia e a conciencia e que agacha un perigoso segredo que o une a Daniel. Historia baseada na novela homónima de Manolo Rivas. Editada en DVD en 2004 con audio en galego. DVD dispoñible no CGAI.

Palmarés: Premio ao mellor actor e premio do público na XIX edición do Festival Internacional de Cine de Mar del Plata, Arxentina. Película máis votada polo público no Festival Cinespaña de Toulouse (2004).

Ficha artística
Axudante de dirección: / Beatriz del Monte
Cámara: / Pablo Pro
Deseño de decorados: / Suso Montero
Dirección: / Antón Reixa
Dirección artística: / Juan Pedro de Gaspar
Dirección fotografía: / Andreu Rebés
Figurinista: / Bina Daigeler
Guionista: / Xosé Morais / Antón Reixa
Intérpretes: / Xúlio Abonjo / María Adanez / Maxo Barjas / Carlos Blanco / Isabel Blanco / Mónica Camaño / Mariana Carballal / Mela Casal / Nacho Castaño / Monti Castiñeiras / Xavier Estévez / Nekane Fernández / Santiago Fernandez / Mónica García / Anne Igartiburu / Tucho Lagares / Miguel de Lira / Manuel Lourenzo / Manuel Manquiña / Manuel Millán / Antonio Mourelos / Isabel Naveira / Nancho Novo / Marcos Orsi / Sergio Pazos / Josito Porto / Santi Prego / María Pujalte / Carlos Sobera / Luís Tosar / Tristán Ulloa / Gonzalo Uriarte / Tuto Vázquez / Luís Zahera / Antonio Durán “Morris”
Maquillaxe: / Caitlin Acheson
Montaxe: / Guillermo Represa
Música: / Lucio Godoy / Antón Seoane
Xefatura de produción: / María Liaño
Xefatura de son: / Antonio “Mármol” Rodríguez

 

Ficha técnica
Distribuidora / Biblos Clube de Lectores / Ignacio Benedeti Cinema S.L. / La Voz de Galicia / Warner Sogefilms
Emisión ou proxección / Canal + / Televisión de Galicia (TVG)
Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / Filmanova S.L. / Morena Films / Sogecine / Telemadrid / Televisión de Galicia (TVG)

Titulo orixinal: El lápiz del carpintero
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 100'
Orixe: Galicia
Ano: 2002
Idioma V.O.: Castelán
Subtitulada: Inglés, castelán
Dobrada: Galego
Orzamento: 3.300.000 €
Recadación: 763.564 €
Espectadores: 171.325

vIDEOS | VER todos os videos de O lapis do carpinteiro  (1)

Galería de imaxes | VER AS 9 fotos de O lapis do carpinteiro

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org