Nacho Castaño / Actor

Nacho Castaño

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Nacho Castaño
Nacho Castaño
Actor
Nome completo: Ignacio Castaño Gómez
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) 1972   



Media ducia de longametraxes, un par de curtas e sobre todo, teleseries galegas e españolas destacan no seu curriculum. Ten sido actor de dobraxe desde 1986 até a actualidade, póndolle voces a producións foráneas de imaxe real e tamén a debuxos animados. No eido televisivo debutou na mesma época co programa infantil Rapaces da TVG, e tamén no cinema con Divinas palabras de J.L.García Sánchez. Tería que agardar unha década para iniciarse no teatro profesional e foi precisamente a finais dos anos noventa cando comezaría a súa intensa carreira na pequena pantalla, que inclúe aparicións en series como Aquí no hay quien viva. Ademais de ter estado ás ordes de directores como Pilar Miró ou Pedro Carvajal, un especial vencello une o seu curriculum a Antón Reixa, tanto no eido cinematográfico como no televisivo.

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 4 videos de Nacho Castaño

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Nacho Castaño

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Nacho Castaño (3)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org