Hoxe chega aos cines FATUM de Juan Galiñanes

A película protagonizada por Luís Tosar poderá verse en 239 salas de todo o Estado

Hoxe chega aos cines o filme FATUM, a nova producción de Vaca Films e a primeira longametraxe do director Juan Galiñanes (Pontevedra, 1980) que tamén é responsable do guión, xunto con Alberto Marini. O filme, rodado na Coruña, ten no papel protagonista a Luis Tosar, ademáis de contar no reparto con outros intérpretes galegos como , Xabier Deive, Isabel Naveira, Ricardo de Barreiro, Miquel Insúa, Xavier Estévez, Paula Morado, Nacho Castaño, Machi Salgado, Fran Paredes, Fran Nogueira, Adrián Castiñeiras, Alberto Medeiros, Roi da Costa, Silvia Lorenzo ou Valentín Estévez. FATUM é unha película de intriga que conta unha historia na a personaxe de Sergio (Luis Tosar) que ten graves problemas coa adicción ao xogo, vese inmerso nun atraco nunha sala de apostas que leva a cabo Alejo (Aron Piper)o que fai intervir á policía, corpo no que está Pablo (Alex García) francotirador do GEO, e a comisaria Costa (Elena Anaya). O destino fai que Sergio e Pablo teñan tamén outros cruces máis alá desa situación. O filme poderá verse hoxe en 239 salas de cine de toda España, segundo comunica FilmAffinity, 13 delas en Galicia. Vaca Films, que este ano celebra os seus 20 anos de actividade, produce esta longametraxe en colaboración con Amazon Prime Video, Playtime Audiovisuales, RTVE e Televisión de Galicia (TVG).