A nova longametraxe da produtora coruñesa Vaca Films, dirixida por Jorge Coira, é a elixida para abrir coa súa proxección a 25ª edición do Festival de Málaga, unha das grandes plataformas do cine producido en España. Será o vindeiro 18 de marzo na cidade andaluza cando a pelÃcula 'Código emperador' protagonizada polo lugués LuÃs Tosar se exhiba nunha gala inaugural que terá lugar no Palacio de Deportes José MarÃa MartÃn Carpena, co obxectivo de acoller a maior cantidade de público posible. O filme chegará aos cines do Estado o mesmo dÃa desa gala e a distribución internacional corre a cargo de Netflix.
Con guion de Jorge GuerricaechevarrÃa, 'Código emperador' preséntase coma unha intriga inspirada na cara máis oculta da realidade social e polÃtica española. O filme introdúcenos "nunha unidade especial do Centro Nacional de Inteligencia, conformada por varios axentes". Luis Tosar, gañador de seis premios Mestre Mateo e tres premios Goya está acompañado por Santi Prego, DenÃs Gómez, Alexandra Masangkay, Georgina Amorós, Laura DomÃnguez, Miguel Rellán, MarÃa Botto e Arón Piper entre outros. A rodaxe do filme fÃxose en cidades como Bilbao, Madrid, A Coruña, Budapest e Ciudad de Panamá. 'Código emperador' é unha produción de Vaca Films e Proyecto Emperador AIE, en coprodución coa compañÃa francesa Playtime, e conta coa participación de RTVE, Netflix, TVG e os apoios de ICAA (Ministerio de Cultura), Agadic e Programa Media.