Chega ás carteleiras o último filme protagonizado por Luis Tosar, Tamén a chuvia

O filme dirixido por Iciar Bollaín é a candidata española na carreira dos Óscars

5/1/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
43 lecturas | Compartido 0 veces

A última película de Luís Tosar, Tamén a chuvia, chega hoxe ás carteleiras. Dirixida por Iciar Bollaín conta a historia da rodaxe dun filme en Bolivia no momento no que estalla a chamada Guerra da Auga acontecida en abril do ano 2000. Neste filme, que representa a España na carreira dos Óscars, Tosar intepreta a un descreído produtor de cine, que so pensa no seu filme en pleno conflicto. Canda Tosar, o filme conta coa participación de Gael García Bernal, Juan Carlos Aduviri, Karra Elejalde e Raúl Arévalo. Tamén a chuvia é unha coprodución española, mexicana e francesa na que tamén participa a produtora coruñesa Vaca Films.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Tosar, Cine, Guerra, Vaca Films

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos