Luís Tosar gaña o seu segundo Goya pola súa interpretación en "Douche os meus ollos"

Tosar, o Cid

2/2/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Os premios da Academia Española da Cinematografía, os Goya, cumpriron este sábado a súa maioría de idade con reivindicacións claras á liberdade de expresión. Na gala, que se prolongou ata as dúas da mañá, a gran vencedora foi o filme “Douche os meus ollos” da directora Iciar Bollaín que recibiu sete estatuíñas. Entre elas destacaba a de Luís Tosar como mellor actor que é o segundo recoñecemento na súa listaxe persoal. E, por outra banda, o tamén lucense Julio Fernández foi o encargado de recoller a estatuíña que premiaba a “O Cid, a lenda” como mellor película de animación.
MÁIS información sobre as fichas de Luís Tosar e O Cid en AVG

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Tosar, AVG, Culturagalega, Animación

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos