Zircocine ficciona unha historia sobre as FARC en Operación E

Luís Tosar protagoniza un thriller no que tamén actúa Farruco Castromán

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Zircocine ficciona unha historia sobre as FARC en Operación E

O campesino cocaleiro José Crisanto (Luís Tosar) recibe o encargo de coidar de Enmanuel, o fillo que a Clara Rojas (Martina García) tivo cun guerrilleiro mentres estaba secuestrada. A FARC anuncian a liberación da nai e do fillo, pero o día previsto a guerrilla non sabe onde está o neno. Esta é a historia que conta Operación E, o último filme da produtora xestionada por Luís Tosar e Farruco Castromán, Zircozine. Ademais, ambos produtores son tamén actores neste trhiller. A rodaxe comeza agora na selva colombiana con Miguel Cuortois Paternina, realizador hispano-francés coñecido polos seus dous filmes sobre terrorismo: GAL e El Lobo, como director. O filme ten un orzamento de 3 millóns de euros, conta co apoio do ICAA e está coproducido coa española Tormenta Films e a francesa A.J.O.Z. Films, coa participación de Televisión Española e Canal + Francia.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Tosar, Guerrilla, ICAA, Francia

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares