Actor
Nome completo: Manuel Lourenzo Lourenzo Pérez
Ferreira do Valadouro (Lugo) 1943
Prolífico autor e director teatral, é un dos actores máis experimentados de Galicia. Comezou co grupo O Facho -fundado en 1965- e desde entón ten traballado ininterrompidamente no teatro, sendo un dos impulsores da dramaturxia galega no final da Dictadura. Desde mediados dos oitenta conta con papeis en obras audiovisuais diversas: curtametraxes, longametraxes e coñecidas teleseries. É ademais profesor de interpretación e actor de dobraxe. Ten colaborado en vídeo, cine e televisión, tanto en Galicia como fóra, destacando a colaboración de 1977 “Quelques fleurs de saintété”, de Jean-Pierre Jeanneson e a de 1988 “Del Miño al Bidasoa” de José Briz.
Premios e recoñecementos: Ten varios premios como autor dramático e actor de teatro, así como un premio colectivo de Interpretación no Festival de Alcalá de Henares en 1991.
Formación específica: Licenciado en Interpretación polo Institut del Teatre de Barcelona.
FILMOGRAFÍA
- A condesa rebelde, Emilia Pardo Bazán (2011)
- A contracorrente, vida e morte de Luís Trigo (2010)
- Flores tristes (2008)
- Alma esquecida (2006)
- As muxicas (2002)
- O lapis do carpinteiro (2002)
- Entre bateas (2001)
- Terra de Miranda (2001)
- Aínda máis difícil (1998)
- Mareas vivas (1998)
- Isolina do Caurel (1997)
- O baile das ánimas (1993)
- Dame lume (1993)
- Un café de ollos verdes (1992)
- Pesquisas: O caso das galiñas aforcadas (1991)
- A sorte cambia (1991)
- Roque das Goas (1990)
- Morosos (1990)
- Papá querido (1990)
- Urxa (1989)
- Herminia da Ponte (1989)
- A esperanza (1987)
- Novo de Parmuíde (1987)
- Esperanza (1986)
- O señor Quilmes (1986)
Videos | Ver 1 videos de Manuel Lourenzo
Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Manuel Lourenzo
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Manuel Lourenzo (82)
Data: 14 / 10 / 2024
Manuel Lourenzo e Marta Pazos danlle sabor escénico aos Premios da Cultura Galega
Data: 6 / 2 / 2023
Manuel Lourenzo será recoñecido Cunqueirano de Honra
Data: 15 / 11 / 2022
A Banda Municipal de Santiago enfía música e literatura infantil galega en 'Son de Contos'
Data: 21 / 10 / 2022
O XXIV Salón do Libro homenaxeará a Manuel Lourenzo e Maife Quesada
Data: 1 / 8 / 2022
Falece o pintor Xusto Moreda