O Concello de Pontevedra daba a coñecer este 20 de outubro o primeiro adianto sobre o que será a vixésimo cuarta edición do Salón do Libro. Entre o 21 de abril e o 7 de maio, o maior encontro sobre literatura infantil e xuvenil que se desenvolve no país desenvolverá o seu programa baixo o lema Libros para xogar. Colombia será o país convidado dunha xeira que homenaxea o escritor Manuel Lourenzo e a ilustradora Maifé Quesada.
Segundo explicou Carme Fouces, concelleira de Cultura, Lourenzo "foi un gran profesor, un gran escritor de literatura de adultos pero tamén para nenos e nenas e xente moza, pero foi tamén director do Salón do Libro durante varias edicións". Licenciado en Pedagoxía e catedrático de Lingua Galega e Literatura, Lourenzo desenvolveu un intenso labor de activismo cultural en Pontevedra. Como autor, acumula algún dos principais galardón das nosas letras, tanto para narrativa adulta para como para literatura infantil e xuvenil, como son o Merlín, o Xerais, o Blanco Amor ou o García Barros.
Maifé Quesada, nada en Zamora, leva décadas a desenvolver a súa actividade profesional como ilustradora en Galicia. Con máis de cen obras no seu haber, foi escolleita como unha das mellores ilustradoras españolas na Bienal Internacional de Ilustración de Bratislava, recoñecida como socia de honra de GÁLIX e viu a súa obra Quen me quere adoptar? con texto de Fina Casalderrey incluída na lista The White Ravens.
Na presentación tamén se revelou que será Colombia o país convidado á vindeira xeira, a recoñecer o seu "exemplo da transformación social levada a cabo a través dos libros e a lectura". Mediadores culturais, autoras e autores visitarán o evento pontevedrés para dar a coñecer esta experiencia.