A falta dunha semana para que comece a súa vixésimo cuarta edición, o Concello de Pontevedra daba a coñecer este 13 de abril o programa do Salón do Libro. Do 21 de abril ao 7 de maio a cita dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil achegará máis de trescentas actividades á cidade e ás parroquias rurais baixo o lema Libros para xogar e a potenciar a súa perspectiva lúdica.
Teatro, música, danza, poesía, narración de contos, sinaturas de libros, obradoiros de escrita, andainas, faladoiros ou encontros lectores fan parte da oferta desta xeira que inclúe unha programación especial con intercambio de volumes para conmemorar o 23 de abril, Día do Libro.
O espectáculo Libros para xogar, creado en exclusiva para o evento, abre o venres 21 a programación con María Lado e Lucía Aldao canda ao Coro do IES A Xunqueira I, a Escola de Danza Ballet Galicia, a Chouque Big Band e a representación de Colombia da man de Carolina Rueda e Diego Alejandro Ruiz. Coma esta, a montaxe Son de Contos integra música e literatura da man da Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela co Orfeón Terra Nosa, a Banda Municipal de Santiago, a soprano Clara Panas e Ledicia Costas como narradora de textos de Manuel Lourenzo González e Fina Casalderrey, musicados por Fernando Ruibal e Julius Andrejevas.
Tamén se presenta no evento Brinca unha ópera infantil interactiva que reúne a Orquestra Sinfónica de Pontevedra e o Coro infantil Álvarez Limeses nunha composición de Brais González. En Imos cambiar o mundo! Danzando coas palabras, pola súa banda, unha historia de Fina Casalderrey combínase coa música de Néstor Blanco. Pakolas estreará neste evento Ramona pequena vai á Lúa e Magín Blanco presentará Xogando con cores e cancións.
Entre as trece exposicións que fan parte da iniciativa, o Museo de Pontevedra acollerá Había outra vez, que amosa obra plástica de Belén Padrón, Itziar Ezquieta, Manuel Figueiras e Xosé Carlos Seoane a partir do texto de Manuel Lourenzo González, a quen se homenaxea nesta xeira. Lourenzo protagoniza tamén a mostra Cousas dos libros, que reúne obxectos que aparecen en relatos, "ben como complementos dos personaxes ou das accións, ben como auténticos protagonistas", desta volta centrados no tema do xogo que percorre toda a cita.
No marco do Salón desenvólvese, entre o V Congreso Internacional de Mediación Lectora, que reúne expertos de diferentes países arredor de estratexias para promover a lectura. Canda a esta cita, un espazo para videoxogos e outros para xogos tradicionais galegos, e unha representación de propostas de Colombia, país convidado nesta xeira, intégranse tamén no programa. As fins de semana e a ponte do primeiro de maio concentrarán o groso da oferta para as familias.