A XIX Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se desenvolverá entre os vindeiros 6 e 29 de abril, contará con México como paÃs convidado. A cita fai asà un irmandamento coa Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, principal evento deste tipo no continente americano. Como froito desta colaboración, o Museo de Pontevedra acollerá, no marco do Salón, a exposición Pintacuentos. Ilustración Mexicana Contemporánea, con 142 traballos de artistas dedicado a este xénero. Ademais, a mostra 68 Voces abordará a variedade lingüÃstica do paÃs americano, mentres Invitemos a Leer amosará unha escolma dos traballos gañadores do concurso con este nome. A iniciativa de dinamización lectora Keren Tá Merced completa as exposicións achegadas desde México.
Canda a estas, o programa achegará a mostra das ilustracións de Nuria DÃaz para o libro Pioneiras galegas que abriron camiño, que estará acompañada dos traballos finalistas para elaborar o cartel do Salón deste ano. As mostras Soños na gaiola, con doce ilustracións de mulleres sobre o traballo de Manuel MarÃa, e mais os traballos dos alumnos do MI (Master Ilustra) completan o programa expositivo desta edición, que se realiza baixo o lema Mulleres de conto.
O programa incorpora nesta xeira o I Congreso Mediación Lectora. Ademais de diferentes presentacións sobre o estudo da literatura infantil e xuvenil, o programa da iniciativa inclúe obradoiros de creación literaria desde a perspectiva de xénero, contacontos, presentacións ou o encontro Mulleres de conto ao redor da mesa no que participarán Marilar Aleixandre, AnaÃr RodrÃguez, Luz Gallego, Ana Luna e Eulalia Agrelo.