O Humor centrará o XXI Salón do Libro de Pontevedra

Italia será o país convidado da vindeira xeira, que se celebrará entre o 6 e o 27 de marzo de 2020

6/9/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Cartel do XX Salón do Libro de Pontevedra

O Concello de Pontevedra e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) presentaban onte na Cidade do Lérez a XXI edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. O encontro, que se desenvolverá entre os vindeiros 6 e 27 de Marzo de 2020, contará con Italia como país convidado e terá o humor como eixe. Segundo explica o web do evento este "foi o tema seleccionado para esta edición número 21, despois dunha intensa e intensiva consulta a centros de ensino, persoas colaboradoras, pais, nais, crianzas... O HUMOR como actitude positiva, esperanzada, crítica e, sobre todo, intelixente cara á vida. Humo subtil, enxeñoso, ás veces macabro, negro,humor inocente, humor retranqueiro, atrevido, belixerante, combativo, humor gráfico, poético, lírico, metafísico, literario, literal e figurado...".

A coincidir coa presentación anunciouse a III Convocatoria do Premio Internacional de Ilustración coa que se seleccionará o cartel do vindeiro Salón. As persoas interesadas en participar poden enviar os seus traballos ata o vindeiro catorce de outubro para optar ao premio de 3.000 euros.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, Pontevedra, Italia, GÁLIX...