
Entre os nomes que participan desta edición, a organización celebrará unha exposición dedicada a Kiko da Silva e Helena Vilar "que por mor do peche do ano pasado non puideron recibir a homenaxe merecida". Ademais, desenvolveranse faladoiros en formato presencial e en streaming con Miguelanxo Prado e Pablo Prado, Ledicia Costas, Mariña Maceiras ou Montse Fajardo. Desde o mundo escénico poderá verse a estrea Ás para Alex espectáculo de teatro e monicreques de Baobab Teatro.
No programa inclúense varios espectáculos exclusivos como Non o ves? Salvemos o planeta, dirixido Marcelo Dobode, que abrirá o Salón, ou RockLab e o seu Rock para salvar o planeta, que fechará a iniciativa. Tamén o Seminario Permanente de Jazz, Lucía Aldao e María Lado presentarán o espectáculo A auténtica vida salvaxe, deseñado en exclusiva para o Salón.