A vindeira edición do Salón do Libro de Pontevedra, que será a vixésima segunda, verá afectado o seu calendario pola situación actual, segundo ven de confirmar a concelleira de Cultura pontevedresa, Carme Fouces. Esta importante cita tiña previsto celebrarse este ano entre o 5 e o 21 de marzo, e agora vese adiada máis dun mes ata o 23 de abril, dÃa do libro, pensando en atopar unha mellor situación sanitaria e ademais unha meteoroloxÃa máis proclive ás actividades ao aire libre. O XXIIº Salón do Libro, segundo esta nova previsión, celebrarase entre o 23 de abril e o 9 de maio e contará coa Illa do Covo como espazo a maiores dos habituais."Son datas nas que agardamos estean as cousas mellor e como queremos traballar en escenarios ao aire libre, temos máis posibilidade de que o tempo acompañe e non fastidiar demasiado as actividades no exterior", asegurou Fouces en rolda de prensa.
A concelleira lembraba na súa intervención a temática da vindeira edición "Emerxencia climática: libros para salvar o Planeta". O consolidado concurso internacional do cartaz do Salón do libro mudou tamén nesta ocasión para apoiar dun xeito contundente ás creadoras e creadores galegos. "O que fixemos foi foi recibir portafolios con traballos xa feitos polos ilustradores e ilustradores e seleccionar xa sobre este traballo en vez de solicitar que todos fagan un cartaz" explicou Fouces. Entre as 47 propostas foi seleccionada AÃda Alonso, de Vigo, que será a que se leve os 3.000 euros da tradicional dotación do concurso internacional, pola encarga de deseñar o cartaz. Fouces adiantou que esta aposta polos creadores locais e galegos "vai ser extensiva á programación do Salón para apoiar de xeito contundente ao sector cultural que tanto está a sufrir por mor da situación".
A concelleira tamén adiantou que todos os espectáculos do programa van ser de balde "para alimentar esa alma e esa mente, que tanta falta nos fai para saÃr desta situación tan negra na que neste momento aÃnda nos vemos". Sobre a o desenvolvemento do Salón a concelleira apuntou que dende o 2 de abril iranse publicando pequenas pilulas en redes aproveitando a experiencia do ano pasado, apuntou, "que nos vai dar certa cancha para traballar no ámbito virtual e loitar todo o que poidamos porque a presencialidade sexa importante e a xente poida asistir fisicamente ás actividades do Salón con seguridade e protocolos moi rigorosos: diversificaremos os espazos, o tradicional do interior do Pazo e o exterior para evitar amoreamentos; iremos nós aos coles para achegar o espÃrito aos centros. Deixamos a porta aberta a visitas escolares – sempre con ocupacións reducidas e protocolos – pero entendemos que van a ter grandes dificultades para facer saÃdas e seremos nós o que levemos actividade aos centros", asegurou a responsable local da área de Cultura.