O Concello de Pontevedra presentaba o pasado venres o programa da XVIII edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebrará na cidade entre o 10 de marzo e o 2 de abril. A nova xeira preséntase co lema "O mundo que queremos" e chama, segundo os organizadores, á participación para "construir ese mundo mellor. Queremos englobar temas como o coidado do medio ambiente, a saúde, a integración e a igualdade, cuestións como accesibilidade e a mobilidade, o respecto , a inmigración ou a vellez, a solidariedade, a investigación en todos os seus ámbitos, etc". O evento contará con trescentas actividades entre contacontos, obradoiros, proxeccións, teatro e música. Como novidade, diferentes librarÃas da cidade acollerán sesións diarias de contacontos, Tamén haberá exposicións do traballo de Luis Davila, do alumnado do Mestrado en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual e do libro de Escaquis e Romeu, editado polo propio Salón do Libro, entre outras propostas..