O Salón do Libro Infantil e Xuvenil centra na Ciencia Ficción a súa nova xeira

Pontevedra acolle a XVI edición do encontro entre o 27 de febreiro e 28 de marzo

20/2/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Co lema Da ciencia á ficción preséntabase esta mañá a XVI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. O Pazo da Cultura acollerá o groso das actividades deste xa clásico encontro entre o 27 de febreiro e o 28 de marzo. Exposicións como Os nenos soldados (Momar Badiane), Investigarte, Deporte por dentro ou Darwin VIVE son algunhas das que se poderán ver no encontro. Canda a isto, un nutrido programa de actividades inclúe contacontos, obras de teatro, espectáculos de maxia, obradoiros e actuacións como a da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra a musicar Peter Pan ou o concerto Xente miúda, moita fartura de Pablo Díaz. Entre as propostas, destaca a estrea da compañía Chévere O circo atómico das irmáns Faynman ou a do novo traballo de Pep Bou.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Ciencia, Pablo Díaz, Exposicións...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares