O Salón do Libro de Pontevedra volta Cociñando Contos

A XV edición do encontro celébrase a partir do 14 de abril

7/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A cociña protagoniza a XV edición do Salón do Libro Infantil de Pontevedra. Co lema Cociñando Contos a iniciativa desenvólvese desde o 14 de marzo ata o vindeiro 5 de abril. Un total de 135 actividades compoñen o programa deste ano, que entre as súas novidades inclúe unha homenaxe colectiva a todos os autores que foron recoñecidos en anteriores edicións. Outra novidades é a estrea de A casiña de chocolate da man da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Como é habitual, haberá tamén espectáculos teatrais, obradoiros e exposicións, entre elas unha dedicada á banda deseñada da man da escola O Garaxe Hermético.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Contos, Exposicións, Banda deseñada...